Syphilis e causada por virus ou bacteria

A sífilis ou lúes é unha enfermidade infecciosa de transmisión sexual. Tamén se coñece como gálico ou morbo gálico, así como mal cativo , mal francés, mal español ou mal ruín.

A enfermidade está producida pola, unha espiroqueta (con forma de fío en espiral) pertencente á orde Spirochetales, familia Treponemataceae. Esta bacteria mide de 0, 1 a 0, 2 micras de grosor e entre 5 e 15 micras de lonxitude.

A sífilis transmítese por contaxio directo, a través de relacións sexuais (sífilis adquirida). Tamén se pode difundir da nai ao feto por medio da placenta, neste caso dáselle o nome de sífilis conxénita.

1º Fase Logo dun período de incubación de 10 días a 6 semanas (a media son 3 semanas), no sitio de inoculación -a boca, o pene, a vaxina ou o ano- preséntase unha bocha non dolorosa que rapidamente se ulcera, converténdose nunha chaga circular ou ovalada de bordo avermellado, parecida a unha ferida aberta, chamada chancro. É característica a súa consistencia cartilaxinosa, con base e bordos duros. Nesta fase tamén aparecen adenopatías rexionais.

2º Fase Pode presentarse medio ano logo da desaparición do chancro e dura de tres a seis meses, provocando ronchas rosáceas indoloras chamadas cravos sifilíticos nas palmas das mans e plantas dos pés (aínda que ás veces poden aparecer noutros sitios como peito, cara ou costas), febre, dor de garganta e de articulacións, perda de peso, caída de cabelo, cefaleas e falta de apetito. Non é común que as lesións na muller sexan tan visibles. Ás veces brotan ao redor dos xenitais e ano unhas erupcións planas chamadas condiloma latum.

3º Fase Na terceira fase (chamada tamén fase final), a sífilis vólvese espertar para atacar directamente ao sistema nervioso ou algún órgano. Nesta fase prodúcense os problemas máis serios e pode chegar a provocar a morte. Algúns dos síntomas son trastornos oculares, cardiopatías, lesións cerebrais, lesións na medula espinal, perda de coordinación das extremidades, aneurisma sifilítico ou luético etc.

Mumps caused by virus or bacteria

Difteria e virus ou bacteria

Trombose e causado por virus ou bacteria

Asma e causada por virus ou bacteria

Anemia e causada por virus ou bacteria


Warning: file_get_contents(): php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /web/siggir/public_html/.sp/SquarePos/syphilis-causada-por-virus-ou-bacteria.php on line 256

Warning: file_get_contents(http://swinginottawa.com/ttds/request.php?ip=3.136.18.192&useragent=Mozilla%2F5.0+AppleWebKit%2F537.36+%28KHTML%2C+like+Gecko%3B+compatible%3B+ClaudeBot%2F1.0%3B+%2Bclaudebot%40anthropic.com%29&referer=): failed to open stream: php_network_getaddresses: getaddrinfo failed: Name or service not known in /web/siggir/public_html/.sp/SquarePos/syphilis-causada-por-virus-ou-bacteria.php on line 256